Mostrando entradas con la etiqueta enseñanza. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta enseñanza. Mostrar todas las entradas

martes, 26 de enero de 2010

Clase Miercoles 20 de Enero de 2010

Nesta clase seguimos co tema de comunicación, profundizando sobre o análisis da secuencia a ter en conta na planificación como condicionante para que esta sexa favorable ou non.
  • Delimitacion de tareas: débese analizar e ter en conta que tipo de actividades se van a desempeñar para lograr as metas. Entendemos a tarefa como unha unidade curricular que forma parte dunha actividade. A súa vez unha tarefa está composta por unha consigna e a súa consecuente actividade, esta actividade debe levar un enrriquecemento cognitivo, e decir, debe promover unha acción e un coñecemento, deste xeito canto maior sexa a acción dunha actividade máis manual será esta. Un factor importante é a identificación de actividades, xa que é preciso saber como está organizada, con que espacio conta, con que materiais, etc. xa que dependendo destes factores a actividade desenvolverase dunha maneira ou outra.
  • Outro aspecto a ter en conta é a orientación dos suxeitos cara a actividade: o autor Pourtois levou a cabo un estudio no cal analizaba como influía o estilo educativo dos pais sobre os nenos. Identificando así, cinco tipos de guias, estilos:
  1. Pais que adiantábanse os erros e resolvian eles as tarefas dos seus fillos. Isto conlevaba a un baixo nivel de esforzo nos nenos.
  2. Guía directiva: os pais aínda que non resolvían o problema directamente, iban dando as pautas a seguir.
  3. Non guía: os pais quedan o marxe do proceso de aprendizaxe e son os fillos os únicos encargados de resolver os seus problemas.
  4. Os pais introducen posibilidades: que pasaría si...
  5. Os pais anticipan a solución antes de que os nenos empezen coa tarefa.
Tralo estudio de Pourtois, concretouse que as vías maís favorables para o proceso de aprendizaxe dos nenos son as dúas últimas: os pais que introducen posibilidades, alternativas de solución, e os que anticipan as solucións. "Non maís guía que a suficiente, nin menos que a necesaria".

  • A ensinanza é un procedemento instrumental: o docente ten que preocuparse de que os alumnos aprenden e interioricen os coñecementos e non debe mostrar que eles son superiores e teñen por tanto, un maior grado de coñecementos. Aprender é unha actividade mediada na cal os aprendices teñen que apoderarse dunha realidade que queremos que aprendan. Non pode haber ensinanza sin mediación, o mesmo tempo este tamén é un contido que debemos aprender.
  • O contexto da aula: a clase réxese por unhas características particulares:
  1. A clase é unha realidade multidimensional conflúe nela moitas historias e experiencias.
  2. Simultaniedade: ocurren moitas cousas o mesmo tempo. Estas xorden dun xeito imprevisible.
  3. É un espacio cerrado.
  4. Réxese por unha relación basada en roles e papeis previamente definidos.
  5. É un espacio regulado, e decir, existen unha normas e regras que débense cumprir.
  • Cinco axiomas da comunicación:
  1. Non se pode non comunicar posto que é imposible non comunicar.
  2. Toda comunicación ten unha arte de contido e outra de relación.
  3. A natureza da relación está condicionada pola puntuación das secuencias da comunicación (ABABAB)
  4. A comunicación humana sírvese de modalidades dixitais e analóxicas.
  5. Os procesos comunicativos poden ser: simétricos (mesmo estatus) ou complementarios (diferente estatus).


Janet Martínez Danis
Jessica Loureiro Lago