O pasado mércores día 18 de Novembro non tivemos clase práctica, xa que logo, Miguel Zabalza preferiu adiantar teoría, pois non voltabamos a ter clase con el ata o día 9 de Decembro.
Nesta data tivemos que entregar as seguintes actividades prácticas:
-PRÁCTICA DE RECUPERACIÓN DE CONCEPTOS.- Consistía en recuperar e revisar a comprensión dalgúns conceptos chave dados en temas anteriores. Había que sintetizar en poucas liñas o significado dunha veintena de conceptos:1.- Currículo nulo. 2.- Formalización (dun proxecto). 3.- O centro escolar como “Locus” vs. como “Axente curricular”. 4.- “Modelo educativo” dun centro educativo. 5.- Programa vs. Programación. 6.- Diferencia entre “niveis de concreción” (MEC); “desenrolo curricular (a nosa materia) e “ adaptación curricular” . 7.- Persoa “formada” vs. “culta” vs. “habilidosa” vs. “titulada”. 8.- “Trasposición” des. Savoir savant al. Savoir enseigné. 9.- O currículo como "carta dos dereitos". 10.- Actividades "paracurriculares" e "extracurriculares". 11,. Modelos “periferia- periferia”; modelos “técnicos”; modelos “baseados na fidelidade”. 12.- Falsas adopcións: fagocitación, enquistamento. 13.- Difusión en cascada. 14.- Enriquecemento curricular. 15.- Xeneralidade vs. especificidade ; academicismo vs. utilidade. 16.- Qué papel xoga a “opcionalidade” no deseño curricular. 17.- Compoñentes estructurais e compoñentes dinámicos das institucións. 18.- Necesidades sentidas vs. necesidades expresadas ou demanda. 19.- Análise das necesidades vs. diagnóstico da situación. 20.- Principio da parsimonia.
-TRABALLO PRÁCTICO SOBRE O TIPO DE ESCOLA (MIXTAS OU UN ÚNICO SEXO). A metade dos grupos tiñan que defender unha postura (escolas mixtas) e a outra metade tiña que defender a viabilidade das escolas dun único sexo. Había que realizar un traballo práctico e despois expoñelo (aos que lle tocase). A recomendación era facer unha busca profunda no material existente en Internet e ver que tipo de argumentos se utilizan; igualmente era interesante contemplar qué consecuencias dende o punto de vista curricular pode ter unha escola mixta ou dun único sexo.
-TRABALLO PRÁCTICO INDIVIDUAL DO LIBRO: GARDNER, H., Inteligencias múltiples. La teoría en la práctica, Paidós, Barcelona 1 995.
No referente á parte teórica explicada na aula hai que resaltar que:
Unha vez analizada a contextualización do proxecto educativo nas clases anteriores, destácase que non é posible iniciar un P.E.C. sen ter en conta dita contextualización, dado que é a base para partir da realidade do centro. A seguinte idea tratada foi que un deseño curricular non ten por que partir directamente dos obxectivos. Por tanto o eixe central do deseño pode ser, os obxectivos, os contidos, as actividades, a avaliación... e a ese eixe central iranse adaptando o resto dos parámetros.
Un proxecto educativo é unha especie de sistema composto por un conxunto de elementos, no que cada un cumpre unha función.O sistema só funcionará ben cando cada elemento desempeña ben o seu papel.
Así pois, un elemento de forma individual fora do sistema pode ser moi bo, pero se non se adapta ben aos outros elementos ou non funciona ben dentro do sistema, non vale para estar dentro dese sistema.
Tendo en conta isto, que papel desempeñan os obxectivos no sistema? partindo do lugar onde cada un contemple o obxectivo á hora de facer o deseño podemos ter:
-Obxectivos procesuais. Poden partir dunha indefinición da metas ou ben estar centrados exclusivamente no proceso.
-Obxectivos finais. Perseguen a consecución dun fin específico e determinado de antemán.
Dependendo de que tipo de obxectivo se utilice pódese estar abrindo ou pechando o proceso, por exemplo: Coñecer e bailar a muiñeira. Obxectivo pechado e final. Coñecer a música tradicional galega e gozar con ela. Obxectivo procesual e aberto.
Pero existen certas temáticas nas que os obxectivos teñen que ser pechados ou abertos, porque sen non pódese perverter o proceso. Ex. Un piloto de avión ten como obxectivo final pilotar o avión e ten que coñecer todos os mecanismos e estratexias necesarias para conseguilo.
Hai dous tipos de obxectivos procesuais:
1.Experienciais: Cando se marca o tipo de actividade ou experiencia que se vai desenrolar.Por exemplo: Facer visitas a centros educativos. É un obxectivo procesual aberto que deixa que os alumnos recollan desa visita o referente aos seus intereses.
2.Principio de procedemento: Son as condicións nas que se desexa que se desenrole o proceso de ensinanza aprendizaxe. Ex. Cada vez que haxa unha visita hai que debater sobre o observado na mesma.
Recapitulando, os obxectivos teñen que ser como uns focos que iluminan o proceso. Uns bos obxectivos son aqueles que deixan claro qué se pretende facer.
Por último iniciouse brevemente a temática sobre a clarificación semántica e práctica: As taxonomías.- Son organizacións dos obxectivos, -non un simple listado- que definen un campo. Por tanto, toda taxonomía ten que ir acompañada dunha teoría e dependendo desta, serán máis importantes uns temas que outros.
José Pablo Franco López
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario