viernes, 25 de diciembre de 2009

Crase do 16/12/09

Tras a descripción dos obxectivos e a taxonomía, chegou o momento dos contidos.
Contidos
O sistemá únicamente é efectivo se os seus compoñentes cumpren a función que se lles asigna, e unha de esas asignacións fundamentais son as que se lle corresponden ós contidos, como un dos elementos da proposta curricular.
Funcións
¿Por que son importantes? ¿por que os precisamos? ¿Que ganacias lle van supor ó suxeito que forme parte desa proposta? Van definir as adquisicións que queremos desenrolar a través do noso proxecto. Estas adquisicións, dende un punto de vista cognitivo do individuo, foron o eixo central dun xeito tradicional na escola que todos coñecemos.
Según o enfoque do concepto presentado ó longo da clase, no tocante ós contidos, podémonos atopar con versións enfrentadas do que debe significar, ou do papel maís ou menos preponderante que deben xogar os contidos no sistema educativo.
Paidocentrismo vs. Logocentrismo
Fronte a opción de promocionar ós nenos que non superen algunha asignatura ó longo do curso, existe a tradicional idea de repetir curso.
Perennealista vs. Evolutivo
Ante a opción de non cambiar os contidos das materias, existe a posibilidade de acomodalas ós cambios sociais.
Intensivos vs. extensivos
Na opción dos contidos intensivos, o importante non é abarcar moito, senón facelo en profundidade, mentre que no extensivo, canto máis coñezan os nenos, aínda que sexa dun xeito introductorio, estaremos a falar de "formación".
Coñecementos vs. Competencias
Frente a cuestión que se plantexa sobre ¿Que deben aprender os rapaces sobre un tema determinado?, temos a aplicación, o emprego dese "sobre". Implica "saber" e "habilidade" física e actitudinal. Sen medo a equivocarnos, estamos ante un compoñente fundamental..
Os contidos hanse relacionar cos elementos formativos que formarán parte do desenrolo curricular.
¿De onde sacamos os contidos? Existen uns criterios moi sinxelos para seleccionalos:
  1. Consultar literatura xa existente
  2. Destacar puntos claves desa temática (aínda que a veces sexa moi traballoso) buscando eixos estructurais ou comúns
  3. Seguindo un criterio de representatividade
  4. Seguindo un criterio de de exemplaridade empregando algo significativo ou relevante
  5. Seguindo un criterio de de transferibilidade e de especificidade, xa que nun proxecto non pode faltar o propio ou específico dese programa.

Xa para rematar, os contidos concretan os ámbitos formativos, partindo dos obxectivos concretos.

C. Alberto Pereira Casal

No hay comentarios: