CLASE 12-01-2010
Nesta primeira clase, despois das vacacións de Nadal, respondemos á pregunta: ¿Habería un protocolo que seguíndoo poderíanos garantizar un bo aprendizaxe do suxeito?
Os pasos máis importantes para o desenvolvemento curricular resumiríanse en 7, os cales son:
1- PREPARACIÓN DO CONTEXTO
2- INFORMAR SOBRE O OBXECTIVO
3- DESPERTAR, MANTER E ORIENTAR A ATENCIÓN
4- PRESENTACIÓN E ORGANIZACIÓN DA INFORMACIÓN
5- ESTABLECER AS TAREFAS INSTRUCTIVAS
6- DISPOÑIBILIZAR OS RECURSOS DIDÁCTICOS
7- DESEÑAR E ANALIZAR OS MATERIAIS CURRICULARES.
Unha vez nombrados estes pasos, vamos a describir e explicar cada un deles (na clase de hoxe únicamente dou tempo a ver os tres primeiros)
1º Preparación do contexto: ¿en qué tipo de contexto prodúcese un mellor aprendizaxe? ¿apréndese igual nun contexto ca noutro?
Calquer proceso de aprendizaxe é un proceso situado, é dicir, que se desenvolve nun lugar determinado.
Cando se pode planificar o espazo pasa a ser un elemento variable, o cal vai influir na conducta dos individuos asi como tamén no contexto. O espazo exerce 2 tipos de influencias importantes:
-directas: (por exemplo: se nos sentamos na última fila da clase, veremos peor o encerado)
-indirectas: limpeza, distancia, dimensión, etc. (por exemplo: moita distancia pode significar rechazo e pouca distancia pode significar castigo)
Dentro dos espacios físicos podemos distinguir:
-elementos estructurales: forman parte da estructura.
-elementos fixos: son aqueles que non se poden mover.
-elementos semimóviles: por exemplo, mesa do profesor.
-elementos móviles: elementos que se poden mover.
Existen 2 tipos de organización dos espazos:
- organización por espazos persoais (sempre no mesmo lugar)
- organización de espazos por funcións. (organización por recantos)
Dependendo de como sexa o espazo, éste vai a posibilitar o traballo en grupo, polo que é importante distinguir dúas variables importantes relacionadas co traballo en grupo:
- elemento centralidade: hai un claro protagonista e é utilizado para tarefas simples onde cada membro do grupo fai unha parte, polo tanto o grupo funciona mellor e hai un alto nivel de satisfacción.
- elemento implicación: non hai unha persona protagonista, todos participan, sen embargo, a falta de responsabilidade fai que o grupo funcione peor, é utilizado en tarefas complexas.
Por último, nomear que o espazo é un compendio de oportunidades, é dicir, existen espazos minimalistas (non ofrecen moitas posibilidades de aprendizaxe) e espazos máis ricos e variados (permiten un abanico amplo de posibilidades de aprendizaxe).
2º Informar sobre o obxectivo: este apartado ten que ver como unha persoa visualiza o tipo de traballo que vai a desenvolver. É moi importante a clarificación do obxectivo, e para ésta pode ser útil relacionala con cousas que xa se fixesen, por exemplo: se a nós en vez de explicarnos como se fai unha memoria de prácticas, enséñanola entendémola mellor.
3º Captar a atención: captar a atención é relativamente fácil, o difícil é mantela e centrala.
A atención ten que ver co estímulo, é dicir, ven condicionada por factores externos e dependendo de como sexan eses estímulos vannos impactar máis ou menos (textos con fotografías, xestos, etc.) Hai factores internos que tamén teñen que ver coa atención:
- equipamento: a intelixencia, a idade, características das persoas...
- experiencia: apréndese a estar atento.
e ata aquí a clase de hoxe.
Rocío Mosquera González
Lorena Pichel Pequeño
No hay comentarios:
Publicar un comentario