Nesta clase seguimos co tema de comunicación, profundizando sobre o análisis da secuencia a ter en conta na planificación como condicionante para que esta sexa favorable ou non.
- Delimitacion de tareas: débese analizar e ter en conta que tipo de actividades se van a desempeñar para lograr as metas. Entendemos a tarefa como unha unidade curricular que forma parte dunha actividade. A súa vez unha tarefa está composta por unha consigna e a súa consecuente actividade, esta actividade debe levar un enrriquecemento cognitivo, e decir, debe promover unha acción e un coñecemento, deste xeito canto maior sexa a acción dunha actividade máis manual será esta. Un factor importante é a identificación de actividades, xa que é preciso saber como está organizada, con que espacio conta, con que materiais, etc. xa que dependendo destes factores a actividade desenvolverase dunha maneira ou outra.
- Outro aspecto a ter en conta é a orientación dos suxeitos cara a actividade: o autor Pourtois levou a cabo un estudio no cal analizaba como influía o estilo educativo dos pais sobre os nenos. Identificando así, cinco tipos de guias, estilos:
- Pais que adiantábanse os erros e resolvian eles as tarefas dos seus fillos. Isto conlevaba a un baixo nivel de esforzo nos nenos.
- Guía directiva: os pais aínda que non resolvían o problema directamente, iban dando as pautas a seguir.
- Non guía: os pais quedan o marxe do proceso de aprendizaxe e son os fillos os únicos encargados de resolver os seus problemas.
- Os pais introducen posibilidades: que pasaría si...
- Os pais anticipan a solución antes de que os nenos empezen coa tarefa.
- A ensinanza é un procedemento instrumental: o docente ten que preocuparse de que os alumnos aprenden e interioricen os coñecementos e non debe mostrar que eles son superiores e teñen por tanto, un maior grado de coñecementos. Aprender é unha actividade mediada na cal os aprendices teñen que apoderarse dunha realidade que queremos que aprendan. Non pode haber ensinanza sin mediación, o mesmo tempo este tamén é un contido que debemos aprender.
- O contexto da aula: a clase réxese por unhas características particulares:
- A clase é unha realidade multidimensional conflúe nela moitas historias e experiencias.
- Simultaniedade: ocurren moitas cousas o mesmo tempo. Estas xorden dun xeito imprevisible.
- É un espacio cerrado.
- Réxese por unha relación basada en roles e papeis previamente definidos.
- É un espacio regulado, e decir, existen unha normas e regras que débense cumprir.
- Cinco axiomas da comunicación:
- Non se pode non comunicar posto que é imposible non comunicar.
- Toda comunicación ten unha arte de contido e outra de relación.
- A natureza da relación está condicionada pola puntuación das secuencias da comunicación (ABABAB)
- A comunicación humana sírvese de modalidades dixitais e analóxicas.
- Os procesos comunicativos poden ser: simétricos (mesmo estatus) ou complementarios (diferente estatus).
Janet Martínez Danis
Jessica Loureiro Lago
No hay comentarios:
Publicar un comentario