TEMA 6
Se pretendemos adaptar unha proposta xeral ás condicións particulares dun determinado lugar debemos responder ás necesidades. Isto non é tan sinxelo, pero para saber cales son estas necesidades podemos optar por diferentes actuacións como: preguntar, observar, realizar cuestionarios, etc.
Entre os diferentes tipos de necesidades atopamos as seguintes:
- Necesidades normativas: Cales son as necesidades que se poden identificar.
- Necesidades expresadas: Ven a ser o que a xente quere, desexa ou prefire.
- Demanda comercial: Qué tipo de cousas demanda a xente.
- Necesidades comparativas: Teñen moito que ver coa ideosincrasia, o que teñen os demáis e do que un carece acábase convertindo en necesidade para este último. Este tipo de necesidades poden ter a vantaxe de que aqueles que van diante acaban arrastrando aos demáis no progreso.
- Necesidades prospectivas: Son aquelas cousas que aínda que na actualidade non sexan imprescindibles, prevese que sí o serán nun futuro. Exemplo: informática.
Segundo o tipo de necesidade que empreguemos o proxecto será diverso. Empregar un tipo ou outro ten as súas vantaxes e inconvintes:
As necesidades baseadas nas carencias non sempre contan coa motivación e o apoio do pobo.
O problema das necesidades expresadas, sentidas é que non sempre se corresponden coa realidade e incluso poden ser inheridas, por exemplo pola publicidade.
En canto ás necesidades baseadas na demanda a principal dificultade reside no feito de que está moi inducida pola cultura. Por exemplo: asiste máis xente aos estadios de fútbol que ao teatro.
As necesidades comparativas teñen o problema de que non se trata de copiar xa que os contextos non son os mesmos en todos os lugares, polo tanto o que funciona nun lugar pode non funcionar noutro.
A educación debería estar basada en necesidades prospectivas.
No ámbito da educación habería que facer outro tipo de consideracións, que se complementarían coas anteriores:
- Necesidades normativas: O que marca o currículo, o deber ser.
- Necesidades dos suxeitos de manter a súa propia identidade. É importante que o currículo permita aos suxeitos satisfacer aqueles aspectos que lle interesan de por sí, que non lle veñen demandados polo sistema. Istoi non ocorre así, senón que son os individuos os que se deben axustar ao sistema.
- Necesidades de innovación ( con respecto ao currículo): En qué mellora isto a situación anterior. Ás veces as propostas curriculares son tan internas á escola que rematan por non ter apenas incidencia.
- Necesidades de desenvolvemento social: Por isto fora do horario escolar algunha cousas perden sentido para ós suxeitos, debido á escola pechada. Para evitar isto é importante o apoio das familias.
Vanessa López Dapena
María José Vila Lama
miércoles, 11 de noviembre de 2009
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario