Introdución.
O currículo non é un feito illado senón que os seus compoñentes contextuais dependen dos intereses dos grupos sociais e profesionais que o elaboran. Polo tanto, son a plasmación dunha corrente de pensamento determinada.
Para saber que existe detrás do currículo debemos analizar as fontes xa que responden ás seguintes cuestións: porque se realiza, bases para xustificar as decisións curriculares, etc.
As fontes do currículo son unha toma de postura política que resume unha lectura particular do papel da escola e da súa función. Cada unha delas adopta unha perspectiva diferente reflexada nos seus compeñentes de fundamentación curricular.
Son as análises realizadas e as consideracións previas ante o deseño do mesmo, as fontes de lexitimación. Debido a iso, o currículo non se reduce a un listado de obxectivos, contidos, actividades… senón que se basean nunha visión determinada á hora de elaboralos. Calquera decisión que se adopte sobre os seus elementos estruturais deben estar “iluminadas” por unha serie de consideracións previas.
Como conclusión, indicar que as fontes do currículo xustifican a toma de decisións curriculares que fai un pais. Estas poden ser:
· Fonte sociolóxica: realiza unha análise da realidade social e o papel que a escola debe desempeñar nela.
· Fonte psicolóxica: céntrase nas características psicolóxicas dos alumnos e cáles se van a ofrecer na proposta formativa.
· Fonte epistemolóxica: reflexa as caracteríticas dos contidos formativos e os coñecementos que forman parte da oferta formativa.
· Fonte pedagóxica: basease no sentido global do proceso de formación no seu conxunto asi como os recursos, espazos e profesionais implicados no mesmo.
En concreto, o presente traballo tratará de desenvolver máis polo miúdo a fonte psicolóxica.
Fonte psicolóxica.
A fonte psicolóxica trata de aclarar as caracteríticas dos suxeitos e posibilitar que estes alcancen un nivel de desenvolvemento que non serían capaces de alcanzar sen os recursos que a escola ofrece.
Esta fonte céntrase en catro aspectos fundamentais:
1. Necesidades dos suxeitos.
Búscase un equilibrio entre as esixencias culturais da sociedade e as necesidades dos suxietos. A acción educativa non só está orientada a adquirir coñecementos senón que tamén debe potenciar o desenvolvemento dos alumnos.
2. Intereses dos suxeitos.
Neste eido reflexan a necesidade de dar unha resposta global e polivalente á diversidade do alumnado satisfacendo os distintos intereses do alumnado.
Outra forma de satisfacer os intereses dos suxeitos sería a través da opcionalidade. Esta última ofrécese de dúas formas:
a) No seno de cada disciplina ou área curricular: a través de distintos itinerarios formativos a igual ou a distinto nivel. Dentro desta opción atopamos ao National Curriculum Inglés.
b) No conxunto das disciplinas ou áreas curriculares: a opcionalidade enténdese como o exercicio de responsabilidade e autonomía na toma de decisións que afectan a nivel persoal. Proxéctase en dous ámbitos: os intereses e gustos persoais e o futuro profesional.
3. Motivación.
Actualmente este aspecto é de gran relevancia debido á perda de interés do alumnado pola escola e a aprendizaxe. Pretende inspirar nos alumnos o desexo por aprender e continuar aprendendo permanentemente.
Unha das formas de motivar aos alumnos sería adaptando os procesos de ensinza incluindo contidos motivadores por si mesmos ou a través de estratexias metodolóxicas nas cales o alumno sexa o suxeito activo na súa aprendizaxe.
Nos últimos anos puidemos observar varias solucións que ofrecen os distintos sistemas educativos: plantexar distintos obxectivos segundo os niveis de capacidade de cada suxeito, utilizar distintos métodos de ensinanza ou ofrecer cursos diferentes.
4. Habilidades dos suxeitos.
¿Cómo integrar as habilidades dos suxeitos no desenvolvemento do currículo? Tomándoas como punto de partida da acción escolar (a través dunha avaliación inicial) ou tomándoas como ámbitos específicos de desenvolvemento a atender na práctica escolar (convertindo a propia habilidade en obxecto específico de intervención formativa).
Finalmente, dende a fonte psicolóxica distínguese entre o programa e a programación. Por unha banda, o programa caracterízase por ter un punto de referencia global, parte de consideracións xenéricas e diríxese a unha poboación ampla e heteroxénea. Por outro lado, a programación é máis concreta e céntrase nuns determinados suxeitos, cunhas determinadas características e cunhas necesidades concretas.

Membros do grupo
Jorge García García
Ana Mª González González
María Iglesias Lombao
Melisa Rial Nieto
Yesica Penas Ameneiro (coord.)
No hay comentarios:
Publicar un comentario