miércoles, 4 de noviembre de 2009

Fonte pedagóxica. Práctica 2.

AS FONTES DO CURRÍCULO

As propostas curriculares responden a unha corrente de pensamento ou filosofía educativa e aos intereses entre os grupos sociais e profesionais implicados. É, a fin de contas, unha toma de postura política na que teñen moito que ver as persoas que estean en postos de toma de decisións.

Á pregunta “De onde sae o currículo?” podemos responder que xorde das fontes do currículo, que son as ideas ou datos dos que se parte á hora de definir o proxecto formativo que se quere levar a cabo. Estas fontes son:

·      Fonte sociolóxica

·      Fonte psicolóxica

·      Fonte epistemolóxica

·      Fonte pedagóxica (que é a que nós imos tratar)

A FONTE PEDAGÓXICA:

Esta fonte cobre varias vertentes:

1-    O modelo educativo:

Pode estar ou non formalizado e é o xermolo educativo do proxecto curricular. O material básico do modelo educativo son os valores ligados a:

o     A mesma idea de educación (desenvolvemento persoal, equilibrio das diferenzas, etc)

o     Responder aos principais problemas sociais a través da ed. multicultural, ed. pluralista, ed. para a saúde, etc.

o     Crenzas relixiosas

É fundamental que o grado de compromiso con estes valores sexa elevado para que o modelo educativo teña éxito.

Hai outros aspectos a destacar en relación ao modelo:

o     Prioridades establecidas: dos aspectos aos que temos que prestar atención, a cales se lle vai a dar un trato preferencial.

o     Formas de relación entre os diversos colectivos. As relacións poden ser de confianza ou de competitividade. Ademais a forma de exercer o poder nesa institución vai a marcar o clima de desenvolvemento da proposta.

o     Mensaxes explícitas e implícitas da institución (ex: colexio relixioso).

2- Espazos formativos:que se debe ensinar na escola?

Existen catro grandes ámbitos formativos, tendo en conta que formación non é a simple acumulación de informacións:

o     Desenvolvemento xeral de capacidades intelectuais.

o     Adquisición de novos coñecementos disciplinares.

o     Desenvolvemento de destrezas de tipo operativo.

o     Reforzamento dos valores e actitudes positivas.

Para isto o currículo debe cubrir dous campos de coñecemento e compresión: o coñecemento de si mesmo e o coñecemento do entorno e condicións nas que se desenvolve a vida nel.

3- Dinámica institucional dos centros escolares: natureza e condicións particulares de funcionamento da institución que van a condicionar o desenvolvemento práctico da proposta curricular. Aquí plantéxanse varios factores influíntes :

o     Estrutura das escolas (diferenzas entre o público e o privado, por exemplo).

o     Cultura institucional e tradición das escolas. Algúns supostos das propostas curriculares vense afectados polo estilo de traballo das institucións escolares (grado de coordinación).

o     Recursos persoais e materiais dispoñibles (inflúe na calidade do deseño).

o     Relación co entorno, sexa este entorno próximo, local, ou un entorno lonxano (ex: intercambios de estudantes con outros países).

4- Figura e traballo do profesor:

Os profesores son os encargados de adaptar a proposta curricular ás necesidades e particularidades de cada alumno e de cada contexto, por iso son tan importantes.

Hai varios factores relacionados con estes profesionais que teñen unha forte incidencia curricular:

o     Características físicas do profesorado (por exemplo, a idade).

o     Características profesionais:

- Experiencia profesional, que dotará de realismo e viabilidade ao currículo.

- Especialización científica, que suporá unha mellora na cualificación.

- Preparación pedagóxica.

- Percepción do seu papel.

o     Factores institucionais do profesorado:

- Estabilidade (ex: o tema da interinidade)

- Configuración de equipos (creación do estilo de traballo cooperativo).

o     Factores persoais (estilo persoal, capacidades, forma de ser):

- Actitudes e valores persoais.

- Motivación.


Grupo 4:

María Pérez Sande (coord.)

Patricia Sampayo Parra

Paula Pérez Abril

Patricia Vázquez Carballal

Gonzalo Filloy López

No hay comentarios: