miércoles, 11 de noviembre de 2009

Clase práctica 11/11/09

Nesta clase práctica o que estivemos facendo foi, mediante unhas fichas, comentar o que nos parecía a nova carreira de psicopedagoxía na que estamos matriculados, e posteriormente facer un pequeno esquema resumo do que a xente pensaba ata o momento. Tivemos que responder a catro fichas distintas, a que aqui se vai nomear, é a primeira delas, nas que se nos preguntaba se estabamos satisfeitos ou non coa carreira e dar os motivos correspondentes.
Primeiramente dicir que o 80% das persoas da clase responderon que non estaban satisfeitos coa carreira de psicopedagoxía e só o resto, é dicir o 20% que si. Con respecto a parte negativa, se poden diferenciar os seguintes puntos :

- Moito contido teórico.
- Pouca práctica.
- Con respecto aos horarios, que non estaban de acordo con que sexa de tarde, que non hay espacio para un descanso entre clase e clase e que coas optativas da mañá non da tempo a realización dos traballos grupais.
- Moitos traballos na maioria das materias.
- As clases limítanse principalmente a copiar.
- Non consideran que as asignaturas estén relacionadas co futuro profesional.
- Gran desmotivación por parte de alumnos/as procedentes de educación social, xa que os docentes, apuntan principalmente a tarefa do psicopedagogo como ao ámbito escolar nada máis.
- E mobiliario incómodo para traballar.

Con respecto as persoas que contestaron que sí estaban contenta ou satisfeitas coa carreira, destácanse os seguintes puntos principais:

- Bo ambente.
- Que se cumpren as espectativas coas as que se viña.
- Descubren o campo da orientación.

E ata aqui a nosa valoración recollida polas anotación que se fixeron esta tarde na clase.

1 comentario:

desenocurricular dijo...

Nomes das persoas que formaron o grupo:
Rocío Mosquera Gonzalez
Lorena Pichel Pequeño
Yobana Costa Nogueira
María Pérez Sande
Maite Sio Docampo
Nuria Gandoy Fernández
Diana Cochón Miguéns
Patricia Vázquez Carballal
Clara Martín Prieto
Paula Pérez Abril

Subido al blog por: Paula Pérez Abril