SITUACIÓN 3
Grupo 8
Gondelle Pájaro, Adriana (Coordinadora)
Campero Ojea, Uxía
Casal Lorenzo, Silvia
Dieguez García, Inmaculada
Gandoy Fernández. Nuria
A Fundación Amancio Ortega ten levado unha iniciativa de transformación escolar en varios centros educativos de Arteixo e sobre todo, no Colexio de Ponte dos Brozos. Levan xa máis de 5 anos coa proposta de informatizar a escola tratando de que as novas ferramentas consigan mellorar os resultados académicos dos alumnos. Como non teñen claro que este obxectivo se este a conseguir, desecan reconfigurar o proxecto curricular do centro incorporando outro tipo de propostas de traballo innovadoras.
INTRODUCCIÓN:
Para a realización de este caso o noso grupo de traballo visitou a páxina web do colexio, máis concretamente o enlace que fala da utilización das Tic´s no centro (http://centros.edu.xunta.es/pontedosbrozos/files/u1/Como_usamos_as_Tic.pdf). En este enlace falan do deseño do proxecto curricular que neste centro utilizan; para desenvolvelo dispoñen de ordeadores pórtatiles para cada alumno, de programas adaptados a sua aprendizaxe, diferentes ferramentas multimedia, etc.
Na nosa opinión este está moi ben plantexado, pero se non se obteñen os resultados esperados, porque a súa utilización non se faI dun xeito correcto. Creemos que o problema de que este deseño non funcione pode deverse a dous factores principalmente; o primeiro e que os mestres non esten o suficientemente formados e motivados para desenvolver a súa docencia coa axuda das novas tecnoloxías, e o segundo sería que os chavales no atopan nas súas casa a axuda que quixeran dos seus pais a hora de resolver algunhas dúbidas; xa que estes non sabe manexar as novas tecnoloxías con moita destreza.
Ante isto creemos que o máis convinte sería desenvolver un proxecto de deseño curricular onde se involucrasen máis os mestres e as familias. Para comezar incluiríamos dentro do proxecto curricular xa deseñado un apartado onde se dera formación ao profesorado, que lle proporcionará unha maior destreza a hora de exercer a súa docencia con novas tecnoloxías. Ante esta necesidade nos propoñemos a seguinte proposta curricular:
OBXECTIVOS:
- Optimizar os recursos informáticos na docencia.
- Motivar ao profesorado para a utilización das tic.
CONTIDOS
- Coñecemento práctico dos seguintes recursos:
- Pizarra dixital
- Internet
- Webquest
- Cazatesouros
- Powerpoint
- Libros e enciclopedias multimedia
- Proxector e pantalla de proxección.
ACTIVIDADES
Un experto no manexo adecuado das tic na docencia; impartirá catro sesións en grupos de cinco mestres máximo, para un bo uso na aula dos recursos informáticos cós que contan. Unha vez rematadas estas sesións, o experto estará presente nunha clase de cada mestre para ver como utilizan as novas tecnoloxías cós alumnos e así obsevar como actúa e darlle consellos para un mellor desenvolvemento das súas clases.
As sesións estructuraranse coa opinión dos mestres, xa que eles elexirán en que contidos afondar más ou menos dependendo dos coñecementos que posúan dos mesmos. Con estas sesións buscase que os docentes coñezan todas as posibilidades que estas ferramentas lles ofrecen e asi motivalos para un maior emprego das mesmas.
METODOLOXÍA
A metodoloxía será activa e participativa, tratando de que os mestres adquiran recursos para unha mellor docencia e asi mostren confianza nas novas tecnoloxías. O experto nas tic, acomodarase as demandas que eles presenten frente as mesmas e adaptandose ao seu ritmo de aprendizaxe.
AVALIACIÓN
Previamente levaremos a cabo unha avaliación inicial, co obxectivo de detectar os coñecementos previos que os mestres posúen.
Durante o proceso realizarase unha avaliación continua ou formativa através da cal detectaranse as dificultades que poidan ir xurdindo.
Por último farase una avaliación por parte do experto e unha autoavaliación por parte do docente, dunha clase impartida coas tic unha vez finalizadas as catro sesións
sábado, 24 de octubre de 2009
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario