Hola a tod@s
onte xa tivemos a nosa primeira clase desta nova materia, e con ela unha introdución do que faremos ao longo do primeiro cuadrimestre.
Leremos tres libros entre os cales hai un de Gardner Howard que é de lectura obrigada (Intelixencias Múltiples), e se nos gusta o autor, poderemos ler un segundo libro del (A educación da mente e o coñecemento das disciplinas). O mestre comentou que era un xeito de acercarnos a esta persoaxe, e que hoxe en día algunha das súas obras sigue sendo o libro do cabeceiro dalgúns.
Tamén teremos que ver dúas pelis, A Ola e A Clase, e ter unha libreta da materia; onde cada día despois das clases reflexionaremos en 10 liñas acerca do que vimos. Aquí o mestre Miguel comentou algo curioso e é que así como en Europa temos os famosos Informe PISA para evaluar o rendemeto dos alumn@s, en Latinoamérica tamén hai outro tipo de informe con fin similar, e nunha pequena rexión de Colombia é onde acadan os mellores resultados. Sabedes por qué? seguro que sí, pero por se alguén perdeu o primeiro día de clase ou non se acorda aquí volo poño: os rapaces e rapazas deste lugar despois das súas clases sempre escriben seis liñas acerca do que aprenderon, do que viron, do que lles chamou a atención, e deste modo, non solo están repasando o que xa viron, se non que tamén melloran a súa escritura e redación, relacionan uns coñecementos con outros…
A verdade é que chama a atención como unha cousa tan simple tódolos días ao final ten uns resultados tan beneficiosos.
Xa por último, Miguel prantexóunos catro preguntas relacionadas co currículo, e houbo diferentes opinións acerca do que se consideraba como tal. Como primeira definicón vimos que é un proxecto de formación integrado, pero cada unha destas palabras debe ser ben analizada, xa que ten moitas connotacións.
Por certo, non olvidedes a vosa narración para a libreta de clase sobre a imaxe que tendes dun día na vida dun psicopedagogo
Quén sabe canto cambiará esa visión ao longo destes dous anos…e cómo será esa vida no futuro ;)
Saúdos a tod@s
Esther Blanco García
martes, 6 de octubre de 2009
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario