viernes, 9 de octubre de 2009

Primeiras impresións

Hola compañeiros/as,
Penso que "Deseño desenvolvemento e innovación curricular" vai ser unha materia que nos vai esixir un exercicio de frecuente reflexión, pola razón de que ademáis de asistir a clase e adicar un tempo diario ou semanal ó estudo da mesma, imos reservar uns minutos en cada clase a plasmar na nosa "libreta-diario" as propias percepcións acerca dos contidos tratados cada día.
E, por outra banda, contamos cunha ferramenta que, segundo moitos, é moi poderosa, e que dándolle o uso axeitado todos nos podemos aproveitar dela e aprender uns dos outros: o blog. Pode que non sempre haxa a mesma cantidade de tempo para adicar a tódalas tareas por igual, pero sempre podemos sacar un momento para participar en sitios coma éste, no que poñer en común as nosas propias impresións e no que todos poidamos tomar partido. ¿Que pensades vós? ¿Credes que nos vai ser útil ou todo o contrario?

Un saludo,
Natalia Pereira Ferreirós

No hay comentarios: