martes, 20 de octubre de 2009

¿utilidade?

Hola compañeiros, compañeiras e profesor:
Natalia, preguntabas acerca da utilidade do blog. Vou escribir para dicir que non teño nin idea, o cal, desde un punto de vista obxetivo, supón malgastar tempo e forza. Pero isto é coma votar en branco: é unha opción máis.
E digo que non o sei porque sempre son escéptico ante as cousas que non coñezo e, o mundo dos blogs domínoo tanto coma o Dereito Romano.
Encóntrolle así, para empezar, algún defecto. Ben, non tanto un defecto novo como sí unha reiteración en vellos "costumes" achacables tanto ós profesores como a nós. Dubido que vaiamos a ter antes materiais, apuntes, bibliografías, documentos... que se puidesen entregar por outros medios (son un pesimista indomable). Ou por exemplo, seguiremos entregando os nosos traballos en man, cando poderían ser enviados por correo electrónico (aínda que nada máis fose para aforrar papel).
O tempo o dirá. Saúdos a todos.
Alberto Pereira

No hay comentarios: