miércoles, 14 de octubre de 2009

Martes 13 outubro

Martes 13 Outubro de 2009

Hola compañeiros/as!

Comezamos esta segunda sesión retomando a temática da clase anterior, na que falamos do primeiro eixo do curriculum (o proxecto) e continuamos traballando sobre os outros dous pilares deste concepto: a formación e a integralidade.
• Formación: debemos destacar dúas ideas fundamentais. Por unha banda decir que ésta pode ser leída a varios niveis; minimalista e xeralista (pedagóxica).E por outra, que a formación debe mellorar á persoa nas diferentes facetas da súa vida (habilidades, aptitudes, auto-imaxe…).
• Integral Vs inconexo: este concepto ten a súa base na idea de unidade como conxunto, non se trata de pezas soltas senón dun puzzle no seu conxunto.

Para continuar coa sesión tratamos a vitalidade do curriculum; é decir como este avanza na sociedade en consonancia coa etapa na que nos atopamos. Despois disto, Miguel espuxo dúas análises dunha proposta curricular; a diacrónica e a sincrónica, poñendo énfase na primeira, dividida nas seguintes fases: nacemento, difusión, adopción, implementación e avaliación.

Dende a nosa opinión, consideramos de gran interese e productividade as dúas sesións introductorias da materia, xa que deste xeito construímos a base da idea de curriculum e do que isto conleva, algo semellante á metáfora da construcción dunha casa.
Nas experiencias académicas anteriores tivemos un pequeno contacto co termo curriculum pero non profundizamos no seu verdadeiro significado, miramos o curriculum pero non o chegamos a ver por completo.
Para rematar, o profesor Zabalza deixounos uns minutos para facer o rutinario resumo da sesión, que como xa expuxeron na anterior entrada as nosas compañeiras é un método pedagógico de gran utilidade.

Un saúdo a todos/as e ata a próxima!

Nazaret Cruz e Yobana Costa

No hay comentarios: