Os responsables das galescolas do Barbanza queren dotar de identidade propia e diferente ás escolas baixo a súa dirección. Para elo están pensando en abrir un concurso de ideas con propostas que signifiquen unha nova forma de enfrontar o traballo educativo con nenos pequenos. En concreto, queren propostas que teñan como base o enfoque das intelixencias múltiples de Gardner. Non poñen límites de tipo económico ás propostas.
1.-CONTEXTO
Enmarcámonos nunha comarca na que o tecido socioeconómico xira entorno ó mar, polo cal se pretende que os nenos interactúen cunha realidade que lles é cercana, para que se sintan no seu medio natural sen notar diferencias coa súa vida cotiá fora do centro.
Colectivo diana: nenos/as das sete galescolas do Barbanza. Este alumnado de 0-3 anos ten unhas características especiais e propias que hai que ter en conta. Nestas características, a nivel psicomotor falaremos de duas leis psicomotrices, a céfalo-caudal, onde se controlan antes os movementos da cabeza que das pernas e lei próximo-distal onde as respostas motrices se efectúan desde a parte máis próxima ao eixe de corpo, á máis lonxana. Tamén comezarán a marcha arredor dos 12 ou 18 meses, e todos os avances serán dunha forma progresiva.
A nivel cognitivo, o neno/a encóntrase no estadio sensoriomotor, primeiro para coñecer aquelo que o rodea utiliza os reflexos para finalmente acabar adquirindo a noción de obxecto permanente sobre os dous anos, según os periodos de desenvolvemento de Piaget.
Outro factor a ter en conta, é o apego este fai referencia ó lazo emocional que desenvolve o neno/a co seu pai e nai ou cuidadores/as e que lle proporciona a seguridade emocional indispensable para o desenvolvemento das súas habilidades psicolóxicas e sociais. Debemos de ter en conta que dentro das galescolas nacen grandes lazos de unións que debemos de potenciar e cuidar dende o primeiro momento.
2.-OBXECTIVOS
-Fomentar o desenvolvemento integrado das oito intelixencias múltiples.
-Explorar e coñecer o entorno social máis cercano: o mar.
-Identificarse e coñecerse a si mesmo e ós demais.
3.-CONTIDOS
-O medio mariño.
-Os sons, as cancións e os bailes populares.
-Formas e tamaños.
-Clasificacións e seriacións.
-Vocabulario relacionado co mar.
4.-METODOLOXÍA
Partimos do constructivismo como teoría fundamentadora da nosa práctica. Nesta forma de traballo por tanto terá un maior peso o alumnado, verdadeiro protagonista do proceso de ensinanza-aprendizaxe, que a través da experiencia e xogos co entorno será el mesmo o que vaia descubrindo os coñecementos sempre guiado polo mestre. Para levar a cabo esta metodoloxía, empregaremos materiais propios do entorno (cunchas, pedras…)
5.-ACTIVIDADES
Decidimos elaborar varias actividades por cada unha das intelixencias establecidas por Gardner, sempre relacionando unhas actividades con outras e, polo tanto, tratando de integrar ó máximo posible as oito intelixencias.
INTELIXENCIA MUSICAL: actividades de discriminación de sons, bailes populares e cancións, construcción de instrumentos musicais sinxelos (por exemplo coas cunchas de vieira).
INTELIXENCIA CINÉTICO-CORPORAL: imitación do movemento das ondas, de diferentes animais (cangrexo,polbo…),xogos que permitan distinguir partes do corpo neles mesmos e noutros compañeiros.
INTELIXENCIA LÓXICO-MATEMÁTICA: xogos de semellanzas (por exemplo xuntar cunchas coa mesma forma), traballar o tamaño dos obxectos, etc.
INTELIXENCIA LINGÜÍSTICA: escoller palabras das cancións que estean relacionadas co mar, realizar murais (traballar con imaxes e palabras),contacontos con preguntas sinxelas ó final, etc.
INTELIXENCIA ESPACIAL: poñer nomes ós diferentes espacios da aula e logo traballar con iso, xogar ó escondite, etc.
INTELIXENCIA INTERPERSONAL: xogos coas fotos dos compañeiros e os nomes.
INTELIXENICIA INTRAPERSONAL: días temáticos de comidas para que proben e experimenten diferentes sabores.
INTELIXENCIA NATURALISTA: traballar diferentes temperaturas (quente,morno,frio), traballar o tacto (area-auga),facer pequenas saídas ó medio mariño.
Temporalización
Ó longo de todo curso trataranse dun xeito integrado e transversal as oito intelixencias.
6.-AVALIACIÓN
A avaliación será continuada, diaria e realizarase a través da observación por parte dos monitores e tamén a través das conversas que se manteñan cos nenos/as tanto a nivel individual como a nivel grupal.
Para saber se o proxecto foi efectivo,cada profesor cubrirá un cuestionario avaliativo, e tamén se manterán conversas coas familias dos alumnos para preguntarlles a súa opinión.
Grupo 2: Sandra Furelos
Janet Martínez
Cristina Barreiros
Patricia Sampayo
Gonzalo Filloy
lunes, 26 de octubre de 2009
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario